sábado, 31 de enero de 2009

"ARRUGAS", de Paco Roca

OBRA: "Arrugas" AUTOR: Paco Roca
EDITORIAL: Astiberri


"Arrugas" á a banda deseñada española de moda, sen dúbida. Un tema “serio” (o Alzheimer), e os premios ao mellor guión e mellor álbum na pasada edición do Saló del Cómic de Barcelona o avalan e o converten nunha obra propicia para introducirse no mundo do cómic. Publicado orixinalmente por Delcourt en Francia, tamén alí colleitou éxitos entre o público e a crítica ao ser seleccionado pola ACBD entre os 20 mellores álbumes do año.

Nun CLUB DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA é importante ler a obra con calma, con tranquilidade, e con tempo. Pero tamén é esencial tomar notas, pegar post-it, escribir ideas. Por iso, para axudarche a analizar a obra con certa orde, propoñemos unha serie de puntos a seguir (que non son obligatorios, senon simplemente orientativos).

Aquí van as suxestións a ter en conta para a súa lectura e o seu comentario na seguinte reunión do club de lectura (O 28 DE FEBREIRO, ÁS 11:00, NO SALÓN AZUL DO EDIFICIO LICEO DE EBTANZOS - PARA NENOS A PARTIR DE 10 ANOS E PARA ADULTOS DE ATÉ 150 ANOS):

o A obra ten carácter dramático, pero alterna este dramatismo con momentos de humor. Localiza os máis interesantes. Cres que estas doses humorísticas lle quitan seriedade á historia?
o Os dous personaxes principais (Emilio e Miguel) experimentan un cambio na súa personalidade ao longo da historia. Podes explicar en que consiste?
o Nesta historia utilízase con frecuencia a “cámara subxectiva”, que consiste en dar a sensación de estar vendo o que ve o protagonista (como se levasemos unha cámara ao ombro a medida que actuamos). Podes localizar algúns destes momentos? Que aportan á historia?
o En ocasións os silencios en banda deseñada din moito máis que as palabras. Busca varios destes momentos na obra e di cal che impactou máis.
o Hai obxectos nesta obra que teñen moitísimo significado. Un ejemplo: as escaleiras que aparecen por primeira vez na páxina 20. Que significan estas escaleiras e que importancia teñen na historia?
o Tamén se caracteriza esta obra polos seus “flash-backs” (saltos ao pasado). Busca varios deles, e conta cal che gusta máis. Por que cres que hai tantos destes momentos?
o Cres que o comezo da obra é acertado? E o final?
o A obra pode ter tamén puntos negativos, que poderían ser mellorados. Fai unha pequena lista de cousas que cambiarías na historia ou na forma de debuxala. Un ejemplo pode ser a familia de Emilio, á que non volvemos a ver na historia. Que foi dela? Acaso non debería aparecer algo máis para ver o efecto do Alzheimer neles?
o Na vindeira reunión conta todo o que queiras sobre a obra. Calquera opinión será benvida.

AH, MOI IMPORTANTE!!: SE XA LECHES A OBRA, OU ESTÁS A MEDIAS, POR FAVOR, DEIXA AQUÍ ABAIXO OS TEUS COMENTARIOS.