sábado, 31 de enero de 2009

"ARRUGAS", de Paco Roca

OBRA: "Arrugas" AUTOR: Paco Roca
EDITORIAL: Astiberri


"Arrugas" á a banda deseñada española de moda, sen dúbida. Un tema “serio” (o Alzheimer), e os premios ao mellor guión e mellor álbum na pasada edición do Saló del Cómic de Barcelona o avalan e o converten nunha obra propicia para introducirse no mundo do cómic. Publicado orixinalmente por Delcourt en Francia, tamén alí colleitou éxitos entre o público e a crítica ao ser seleccionado pola ACBD entre os 20 mellores álbumes do año.

Nun CLUB DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA é importante ler a obra con calma, con tranquilidade, e con tempo. Pero tamén é esencial tomar notas, pegar post-it, escribir ideas. Por iso, para axudarche a analizar a obra con certa orde, propoñemos unha serie de puntos a seguir (que non son obligatorios, senon simplemente orientativos).

Aquí van as suxestións a ter en conta para a súa lectura e o seu comentario na seguinte reunión do club de lectura (O 28 DE FEBREIRO, ÁS 11:00, NO SALÓN AZUL DO EDIFICIO LICEO DE EBTANZOS - PARA NENOS A PARTIR DE 10 ANOS E PARA ADULTOS DE ATÉ 150 ANOS):

o A obra ten carácter dramático, pero alterna este dramatismo con momentos de humor. Localiza os máis interesantes. Cres que estas doses humorísticas lle quitan seriedade á historia?
o Os dous personaxes principais (Emilio e Miguel) experimentan un cambio na súa personalidade ao longo da historia. Podes explicar en que consiste?
o Nesta historia utilízase con frecuencia a “cámara subxectiva”, que consiste en dar a sensación de estar vendo o que ve o protagonista (como se levasemos unha cámara ao ombro a medida que actuamos). Podes localizar algúns destes momentos? Que aportan á historia?
o En ocasións os silencios en banda deseñada din moito máis que as palabras. Busca varios destes momentos na obra e di cal che impactou máis.
o Hai obxectos nesta obra que teñen moitísimo significado. Un ejemplo: as escaleiras que aparecen por primeira vez na páxina 20. Que significan estas escaleiras e que importancia teñen na historia?
o Tamén se caracteriza esta obra polos seus “flash-backs” (saltos ao pasado). Busca varios deles, e conta cal che gusta máis. Por que cres que hai tantos destes momentos?
o Cres que o comezo da obra é acertado? E o final?
o A obra pode ter tamén puntos negativos, que poderían ser mellorados. Fai unha pequena lista de cousas que cambiarías na historia ou na forma de debuxala. Un ejemplo pode ser a familia de Emilio, á que non volvemos a ver na historia. Que foi dela? Acaso non debería aparecer algo máis para ver o efecto do Alzheimer neles?
o Na vindeira reunión conta todo o que queiras sobre a obra. Calquera opinión será benvida.

AH, MOI IMPORTANTE!!: SE XA LECHES A OBRA, OU ESTÁS A MEDIAS, POR FAVOR, DEIXA AQUÍ ABAIXO OS TEUS COMENTARIOS.

21 comentarios:

Papalibros dijo...

Para inaugurar os comentarios (e animar á xente a escribir), gustaríame compartir o moito que me gustou a maneira en que moitos dos anciáns con Alzheimer teñen soños, ou alucinacións con temas verdadeiramente poéticos e fermosos. O autor acercouse a un tema moi duro cunha alta carga de sensibilidade.
Xosé Tomás

julián dijo...

Hai un poso triste que fica logo de mirar esta obra , pero tamén un chamado a valorar aos nosos maiores como persoas por riba de todo o demáis.
Por outra banda, a mellor consideración que podemos ter por eles é a atención que lles poidamos prestar, a eles, ás súas historias, as súas teimas ou manías.
Eu tamén tiven unha enferma de Alzheimer na familia e os especialistas dixéronnos que aínda que pouco a pouco vaise perdendo a capacidade racional de entender e coñecer as cousas nunca perden a percepción do cariño que lles amosamos con caricias, palabras doces, apretóns de mans...Como ocorre cos nenos pequenos aos que non lles soltamos discursos, tan só acunámolos, acariñámolos...
En fin, pareceume unha lectura realmente importante.

Anónimo dijo...

El libro esta muy bien (aunque el doctor de la residencia no debió darle las pastillas de Modesto a Emilio porque ahora éste tiene alzheimer; Modesto ya lo tenia y ahora Emilio tiene problemas).
Lo demás es muy divertido.




Rocío Vázquez Amado.

Anónimo dijo...

¿José habia que ir al sitio de los ordenadores o al liceo esque no me acuerdo0?.








Rocío Vázquez Amado.

Anónimo dijo...

conteata,pero si estas ocupado perdoname pero lo necesito saber una cosa mas¿abisaste a las librerias pero si estas ocupado perdona por ser tan pesada y si puedes abisa a los demas para comenten algo por que soy la unica que comenta cosas.



Rocío Vázquez Amado.CONTESTA POR FAVOR

Rocío Vázquez Amado.

Anónimo dijo...

Querida Rocío (e demais persoas interesadas): a seguinte reunión será na mesma sala onde estivemos este sábado pasado (o vondeiro sábado 28 de marzo, ás 11:00h.), a dos ordenadores, que se chama TELECENTRO. E graciñas polos teus comentarios e polo teu interese. Dá gusto ter persoas coma ti neste club de lectura.
Bicos
Xosé Tomás

Anónimo dijo...

muchas gracias pero una cosa más avisaste alas librerias porque si ya las avisaste ya voy mañana pero si te conectas haora ponlo ya porque estoy pendienta día a día además haora no voy a cerrar la pajiana sí estas ahora cotesta hoy si puede ser si no mañana un beso...



Rocío Vázquez amado.

Anónimo dijo...

Librerías avisadas!!
Xosé Tomás

Anónimo dijo...

MUCHAS GRACIAS POR COCNTESTAR.









ROCÍO VÁZQUEZ AMADO.

Anónimo dijo...

jose contesta









rocio vazquez amado

Anónimo dijo...

Xa está solucionado o das librerías, Rocío.
XTomás

Anónimo dijo...

muchas gracias.










Rocio Vazquez Amado

Anónimo dijo...

donde era lo e marimanta en el liceo o en la sala de ordenadores.









rocio vazquez amado.

xosé tomás dijo...

Na sala de ordenadores, Rocío
XTomás

Anónimo dijo...

Este libro gustoume especialmente porque aínda que se trata dun tema moi serio que desgraciadamente é un problema real,sabe alternalo con momentos de humor sen quitarlle seriedade á historia.

Uxía H. Romero Bouzas

Anónimo dijo...

uxía, de que libro ablas, de arrugas,de a mansion dos papín o de donde no álcanza la mirada.

rocio vazquez amado

Anónimo dijo...

hola jose, no pude conseguir el libro("donde no alcanza la mirada").
por que no lo encontre, ya mire en todas las librerias ya te da mi madre una nota pero voi a seguir acudiendo a MARIMANTA un beso





Rocío Vázquez Amado

Anónimo dijo...

necasito que me contestes porfavor.besos.roci

Anónimo dijo...

que quieres que te conteste jose tu me dices que te conteteste por favor pero que quieres que te conteste.ROCIO VAZQUEZ AMADO.UN BICO

Anónimo dijo...

Este sábado tamén hai club de lectura? e se é así...como analizamos o libro de "Donde no alcanza la mirada"? non temos os pasos a seguir, o nlog non se actualiza dende o 27 de febreiro...

Bicos
Uxía H.

Anónimo dijo...

uxia non se te entende ¿eque non sabes escribir?bicos roci