viernes, 27 de febrero de 2009

La Mansión de los Pampín - Miguelanxo Prado

LA MANSIÓN DE LOS PAMPÍN
Norma Editorial

O autor: Miguelanxo Prado
Indiscutidamente, o autor máis importante na historia da banda deseñada galega. Comezou na pintura e a finais dos setenta iniciou a súa andaina no cómic, participando en 1979 na fundación do fanzine “Xofre”. Colaborou en revistas como “Creepy”, “Comix Internacional” e “Zona84”. En 1985 publicou “Fragmentos da Enciclopedia Délfica”, o seu primeiro álbum en solitario, ao que seguiría “Stratos” en 1987. Realizou para o magazine “El Jueves” a serie “Quotidiania Delirante” que duraría varios anos. En 1990 publicou o seu álbum máis celebrado, “Trazo de xiz”, que obtivo repercusión internacional. Outros aclamados álbumes seus son “Stratos” ou “Tanxencias”. Con guións alleos realizou bandas deseñadas como “Pedro e o lobo”, ou a serie “O Manancial da noite”. Con todo, moi pouca da súa obra dispoñible en idiomas como castelán ou portugués pode conseguirse en galego, sendo unha destacada excepción o álbum “Páxina crepusculares”, editado en 1993 pola Deputación da Coruña e que contén historias curtas de orixes diversas. Foi o creador do Xabarín da TVG e todos os personaxes da serie “Os vixilantes do Camiño”. En 1998 foi requerido pola factoría americana Dreamworks para deseñar os personaxes da serie de animación “Men in Black”. Ese mesmo ano entrou a dirixir a revista sobre banda deseñada “Elipse”, editada pola Consellería de Cultura e da que só saíu un número. Tamén desde 1998 dirixe o salón “Viñetas desde o Atlántico”. En 2003 viu a luz a súa colaboración co famoso guionista de Sandman, Neil Gaiman, no libro colectivo “Noites eternas”.
(Fonte: www.culturagalega.org)

- Miguelanxo Prado caracterízase, entre outras cousas, por lograr un xogo eficaz de planos cinematográficos: sabe cando un plano medio ten que suceder a un primeiro plano. E sabe tamén utilizalos para que teñan sentido na historia. Trata de atopar nesta obra un exemplo de cada un dos seguintes planos:
Plano detalle
1º Plano
Plano medio
Plano americano
Plano enteiro
Plano xeral
Panorámica
Encadre en picado
Encadre en contrapicado

- Os seis capítulos dos que consta o libro teñen algo en común na súa forma de comezar. De que se trata? A que cres que se debe esta coincidencia?
- Existen dúas páxinas na obra que teñen unha estrutura exactamente igual. Ademais, os diálogos son moi semellantes. Poderías explicar que pretendeu o autor con esta coincidencia? Atopa tamén as diferenzas que hai entre unha páxina e a outra, e intenta adiviñar canto tempo pasou entre unha e outra a partir deses cambios.
- É tamén frecuente en M. Prado atopar o que se chama “contracampos” (Ex: un home na costa mira ao mar; na seguinte viñeta vemos ao home dende o mar). Trata de encontrar algún caso deste tipo.
- O “zoom” (acercamento ou afastamento nunha escena) fai que a atención se centre nun determinado aspecto da historia. Intenta localizar algún no libro.
- Na páxina 31 o autor “deixa caer” a súa visión sobre a forma actual de construír vivendas nos pobos. Pero consígueo sen palabras. Localiza este momento.
- Outro elemento tipicamente cinematográfico é o “travelling” ( a “cámara” viaxa polo escenario. Serás quen de buscar algún?
- É frecuente en M. Prado unha excelente caracterización dos personaxes, tanto a nivel físico como psicolóxico. Cal dos personaxes che parece que está mellor construído? Por que?
- Para rematar: poderías atopar algún personaxe con cualidades positivas?

O vindeiro día de xuntanza podes traer cantas opinións che apeteza acerca da obra. Todas serán benvidas!!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pareceume un libro que fai unhas críticas e ironías moi fortes sobre as maneiras dalgúns constructores en edificar casas sacando o maior beneficio para eles, e tamén sobre os pensamentos dos alcaldes dalgunhas vilas que intentan transformalas en grandes cidades e que ó fin e ó cabo non se sabe o que é.

Autora: Uxía H. Romero Bouzas

Anónimo dijo...

E o bonito das críticas que se fan nel é a maneira en que se representan. Non hai unha intención didáctica descarada, nin se amosan de maneira directa: pola contra, o debuxo di ás veces moitísimo máis cás palabras, como se o autor "deixase" caer" esas visións críticas, de maneira moi sutil.
Xosé Tomás
(Marimanta)

Anónimo dijo...

¡Chico, lo que os he buscado...! ¿Podríais decirme cuándo es la próxima reunión (la última de la que he tenido noticias es "La mansión de los Panpín") y qué título habéis propuesto? ¿Me he perdido alguno? Un saludo. PICK AND ROLL

Anónimo dijo...

jose me puedes decir de una puñetera vez cuando va a ser proxima reunión joba.rocio